AcorunaXA
A Federación Veciñal da Coruña convoca unha xornada aberta sobre reciclaxe e o quinto contedor
A cita será o 18 de decembro, ás 19.00 horas na sede da entidade e participarán Luisa Varela, Yoya Neira e Rodrigo López
A Xunta destina máis de 291.000 euros aos polígonos industriais da comarca de Betanzos
Belén do Campo visita o parque empresarial de Bergondo, que recibiu 120.000 euros para mellorar os seus viarios, dentro dunha orde que tamén beneficia Curtis e Coirós
Pontón anuncia unha emenda de 500.000 euros para reforzar os COF de Orillamar e O Ventorrillo na Coruña
A líder do BNG denuncia recortes de persoal e medios nun servizo clave para a saúde sexual e reprodutiva e advirte de problemas de acceso como a falta de atención telefónica
Oleiros esixe á Xunta a renovación urxente da acometida eléctrica do CEIP Valle Inclán
O Concello advirte de cortes de subministración en días de chuvia pola deterioración da canalización e ofrécese a executar a obra se a Consellería de Educación a financia despois
CCOO chama a concentrarse este xoves diante do Alcampo da Coruña contra a precariedade nos grandes almacéns
A protesta, enmarcada no 'Nadal Vermello', será o 18 de decembro ás 12.00 horas en Palavea e reclama mellores salarios, menos sobrecarga e domingos e festivos voluntarios e pagados
Bergondo crea o ‘Bosque Atlántico de Cerveiros’, un novo pulmón verde no polígono industrial
O Concello remata a recuperación ambiental dunha parcela con 65.803 euros, con apoio da Xunta e dentro da estratexia da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas
O Outono Cultural regresa a Senra cunha sesión de cine familiar coa proxección de ‘Wonka’
A película poderá verse este sábado, 20 de decembro, ás 19.00 horas, nunha actividade co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña
O estudantado das universidades públicas galegas reclama a creación dun Consello do Estudantado Universitario Galego
Os consellos da UDC, USC e UVigo reúnense en Santiago para esixir á Xunta a constitución do CEUGAL e a súa inclusión no Consello Galego de Universidades
‘Mamma mia!’ chega ao Palacio da Ópera con 14 funcións en xullo e máis de 25.000 entradas xa dispoñibles
O musical representarase do 16 ao 26 de xullo na Coruña e o concelleiro Gonzalo Castro destaca o seu tirón como atractivo cultural e turístico
A Coruña homenaxea con unha placa a José Antonio López e Pilar Castro na nova rotonda da avenida de Fisterra
O monólito instalouse no cruzamento coa rúa Gutemberg, remodelado este ano para eliminar o punto negro no que o matrimonio perdeu a vida na Noiteboa de 2020
Tres corais de Oleiros, Mera e Nós súmanse este domingo ao Concerto de Nadal en Mera
A cita será ás 19.00 horas no Auditorio Gabriel García Márquez e contará co Coro de Oleiros, a Coral Polifónica de Mera e a Coral Airiños de Nós
Teixeiro acollerá o VI Torneo Solidario de bádminton polo Nadal 2025
A cita, no Pavillón de Teixeiro o 20 de decembro desde as 10.00 horas, pide como inscrición 1 quilo de alimentos non perecedoiros que se doarán á Cáritas parroquial
O BNG celebra que o novo concurso de Nostián entre por fin na recta final e pide pensar xa en sumar máis concellos
Na Comisión Especial reunida este 16 de decembro no Pazo de María Pita, o Goberno local trasladou que a licitación sairá antes do 31 de decembro ou a comezos de xaneiro, mentres os nacionalistas reivindican un modelo baseado na redución, a reutilización e a reciclaxe
Meirás acolle o domingo 21 un mercadiño solidario na residencia Raiola a favor de Asanog
A cita comezará ás 11.00 horas e incluirá postos con artesanía feita polas persoas residentes, participación doutras entidades locais, sorteos, pintacaras e unha pequena foliada infantil
Vilarmaior abre inscricións para o seu Campamento de Nadal na Casa da Cultura
A actividade, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, desenvolverase entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro en horario de 9.30 a 14.00 horas, con servizo de madrugadores desde as 8.30 horas
O bus por estrada na provincia da Coruña cumpre a terceira xornada de folga cun paro moi amplo e coa mediación do mércores no horizonte
O comité de folga (CIG, UGT e CCOO) mantén as mobilizacións mentres agarda a reunión do 17 de decembro ás 16.00 horas no Consello Galego de Relacións Laborais e convocan a seguinte xornada de paro para o venres 19
Raquel Rico García gaña o concurso fotográfico do calendario 2026 do Consorcio As Mariñas
A súa imaxe ‘Saída da lúa tras as torres da igrexa de Santiago’, tomada en Betanzos, levou o primeiro premio dun certame centrado no medio ambiente, a paisaxe e o patrimonio
Oza-Cesuras revisa o avance da pasarela baixo a vía do tren en Oza dos Ríos
O alcalde reuniuse coa dirección de obra e co equipo de infraestruturas para avaliar o estado dos traballos e planificar as próximas fases dunha actuación considerada clave para a seguridade viaria e a conexión dos dous núcleos urbanos
Sementeira de Cambre impulsa unha recollida solidaria de alimentos para a Despensa Municipal
A campaña desenvolverase do luns 15 ao venres 19 de decembro, con entregas de 16.00 a 21.00 horas na Escola de Música Sementeira, en Sigrás
Arteixo aproba o orzamento de 2026, de 66,2 millóns de euros, e inicia a súa exposición pública
O Concello reservará 2,2 millóns de euros para avanzar na reforma integral da Travesía de Arteixo, unha obra de 3,6 millóns que se executará por fases para mellorar mobilidade, seguridade e accesibilidade
Ordes organiza unha excursión a Xuvenlugo o 29 de decembro por 7 euros
A saída será ás 15.00 horas e o regreso ás 22.00 horas e as inscricións permanecen abertas ata o 22 de decembro
Párkinson Galicia-Coruña crea unha unidade específica para atender os parkinsonismos atípicos
A nova ‘Unidade de Párkinson Plus e as súas familias’ atende nove persoas con trastornos similares ao párkinson, pero con peor resposta aos fármacos, e ofrece intervención intensiva en fisioterapia, logopedia e neuropsicoloxía
Aranga convoca o seu Festival de Nadal o 27 de decembro no pavillón Laura Centoira
A cita comezará ás 16.30 horas e incluirá obradoiros, inchables, chocolate e agasallos para gozar en familia
A UDC sitúase entre as 10 universidades máis sustentables de España no ranking internacional GreenMetric
O listado coloca a Universidade da Coruña no décimo posto entre as 34 institucións españolas avaliadas e no 352 a nivel mundial, con especial destaque en residuos e reciclaxe




