AcorunaXA
A praia de Perbes gaña en integración paisaxística e recuperación ambiental
A Xunta achegou máis de 45.000 euros para unha actuación executada en Miño que mellora os accesos, reforza a biodiversidade e busca previr riscos asociados ao cambio climático
Tres días sen o 'scalextric' para avanzar nos accesos ao novo CHUAC
A Xunta pechará a avenida da Pasaxe o 30 e 31 de marzo e o 1 de abril para demoler o viaduto e activará desvíos por Alfonso Molina, Matogrande e Casablanca, ademais de cambios no transporte interurbano
Un investimento de 700.000 euros impulsará a humanización de seis rúas no barrio das Repúblicas
O goberno local levará ao próximo pleno unha modificación orzamentaria para licitar a actuación en máis de 5.000 metros cadrados do núcleo de Arteixo, cun financiamento no que se combinan fondos europeos e achega municipal
Piden colaboración veciñal para frear os roubos de cable no alumeado público en Oleiros
O Concello solicita á cidadanía que avise á Policía Local se detecta movementos sospeitosos nas inmediacións das farolas municipais, tras varios furtos rexistrados nos últimos días
A fase decisiva do Premio 'Xoán Vicente Viqueira' arrinca coa avaliación das candidaturas
O xurado reuniuse na Deputación da Coruña para iniciar a análise das propostas da cuarta edición dun certame que reparte 19.500 euros en tres modalidades e dará a coñecer o seu fallo en abril.
Luz verde a 12 novas vivendas públicas na rúa Rei Abdullah
A Xunta licita na Coruña unha promoción de máis de 2,2 millóns de euros nunha parcela cedida polo Concello, cun prazo de execución de 18 meses e remate previsto entre finais de 2027 e comezos de 2028
Quince anos de deporte e festa no monte marcan a nova Travesía do Xalo
A proba abrirá unha edición especial o sábado 25 de abril en Culleredo, con inscricións xa dispoñibles para a carreira de 21 quilómetros, a volta do percorrido de 10 quilómetros, a andaina e as categorías infantís
Culleredo elimina catro novos vertedoiros ilegais no rural e na zona urbana
O Concello retirou residuos abandonados en Ledoño, A Zapateira, O Portádego e O Burgo e lembra que estas condutas poden ser sancionadas con multas de ata 3.000 euros
A incerteza medra en Monte do Mero tras a xuntanza co Concello e a nova oferta da Xunta
As asociacións de Eirís e Pedralonga piden garantías por escrito para as familias afectadas polas expropiacións e desconfían dunha alternativa habitacional sen condicións concretas
A cociña convértese en espazo de igualdade cun novo obradoiro infantil
O Concello de Coirós organiza o sábado 28 de marzo unha sesión de 'Pequechef' para nenos e nenas de 3 a 14 anos no baixo social da SCRD Fillos de Ois, cun copagamento de 6 euros e inscrición aberta ata o 24 de marzo
Un libro une deporte e solidariedade para lembrar a Mary Carmen Presas
O Concello de Abegondo acolleu a presentación de 'Presas de Historias: Deporte e Paixón', unha obra promovida pola asociación Mételle un gol ao cancro para recadar fondos destinados a proxectos oncolóxicos
Aberto o prazo para participar no Semana Santa Camp de Ordes
O Concello pon en marcha unha nova proposta de conciliación para as mañás do 30 e 31 de marzo e do 1 e 6 de abril, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos
Música e verbena para despedir o inverno en Arteixo
O Campo da Festa acollerá o sábado 21 de marzo unha gran celebración de fin de tempada coas actuacións de Los Players e La Banda de Ayer desde as 22.00 horas
Javier Caínzos, alcalde de Curtis, reclama a adhesión da Coruña á fronte común para salvar Losán
O alcalde de Curtis pide a Inés Rey que o Concello coruñés se sume ao acordo impulsado por oito municipios para reforzar a presión sobre a SEPI e os ministerios de Industria e Economía ante a crise do grupo madeireiro
A Xunta reúne os alcaldes da área para ordenar os desvíos polo corte das Xubias nas obras do CHUAC
Oleiros pide máis presenza policial e un bus específico aos hospitais, Culleredo reclama derivar tráfico pola Terceira Rolda e A Coruña insiste en que a coordinación debe liderala a administración autonómica
O PP leva ao pleno a crise do Mundial e esixe explicacións a Inés Rey
Miguel Lorenzo rexistrou unha solicitude de sesión extraordinaria tras a renuncia da Coruña á sede de 2030 e reclama aclarar financiamento, investidores e reforma de Riazor
CUAC FM chama á cidade a sumarse ao seu gran 'fotón' polo 30 aniversario
A radio comunitaria da Coruña abriu o calendario de celebración dos seus 30 anos cunha convocatoria o sábado 21 de marzo, ás 13.04 horas, na Praza de María Pita e cun programa que inclúe concertos, libro, concurso musical e un encontro estatal de medios comunitarios
Paderne reforza a compostaxe doméstica cunha nova sesión formativa
O Concello celebrará este martes 17 de marzo, ás 19.00 horas, un encontro informativo na Casa do Concello para seguir ampliando un programa que xa chega a 125 fogares do municipio
A Xunta activa un plan de 3,5 millóns para renovar estradas en sete concellos coruñeses
O contrato inclúe actuacións en vías autonómicas de Bergondo, Betanzos, Oleiros, Sada, Ordes, Cerceda e Oza-Cesuras, con obras previstas sobre máis de 28,6 quilómetros
María Pita activa a captación de persoal con 33 novas prazas
O Concello da Coruña abriu ata o 15 de abril o prazo para optar a sete postos de acceso libre e 26 de promoción interna, mentres a Deputación move por concurso outros 30 postos de responsabilidade
A traxectoria de Rafael Vidal recibe a Encomenda da Orde do Mérito Civil
O presidente de honra da Asociación de Técnicos de Protocolo de Galicia foi distinguido por Felipe VI polo seu labor no desenvolvemento e prestixio do protocolo institucional
Unha camiseta para achegar a Corea o soño mundialista do Taekwondo Sada
O club sadense lanzou unha edición especial por 15 euros para axudar a financiar a viaxe de dez deportistas ao Campionato do Mundo de 2026
Dez ouros e oito pratas impulsan ao ITF Brigantium cara ao nacional de kickboxing
O club brigantino brillou no Campionato Galego celebrado en Marín con oito competidores e asegurou praza para nove deportistas no Campionato de España
ACoruñaXa
Aberto o prazo para optar a 48 bolsas de investigación e formación artística na provincia
A Deputación da Coruña destina 480.000 euros a unha nova convocatoria de axudas de 10.000 euros cada unha para o curso 2026-2027




