AcorunaXA
GaliciaXa
A Deputación de A Coruña eleva a presión sobre a Xunta pola futura lei local e reclama volver atrás na súa tramitación
O pleno provincial pide abrir un proceso real de diálogo cos concellos sobre unha norma chamada a redefinir competencias, financiamento e relacións entre municipios, deputacións e Xunta
Losán eleva a presión sobre a Xunta cun aviso de fondo: 200 empregos seguen pendentes dunha saída urxente
O comité reclama unha mesa negociadora inmediata para desbloquear a crise nas plantas de Curtis e Vilasantar e denuncia que a empresa non presentou un proxecto industrial crible
Detido en Acea de Ama tras supostamente subtraer ferramentas do interior de furgóns industriais
A Policía Local de Culleredo arrestou un home de 45 anos despois da chamada dun veciño, que advertiu da súa presenza xunto a un vehículo estacionado de madrugada
O servizo de podoloxía regresará en abril a Vilarmaior para atender ás persoas maiores e dependentes
As sesións desenvolveranse os días 27 e 28 na Casa da Cultura de Vilarmaior e a inscrición poderá formalizarse ata o xoves 23 de abril a través dos Servizos Sociais
A innovación aplicada da FP colle impulso coa entrada de 59 equipos na fase decisiva de 'InnovaTech FP'
O CIFP Universidade Laboral de Culleredo acolleu unha xornada con 84 estudantes de oito centros, mentres os grupos seleccionados seguirán agora traballando en solucións para 20 retos reais lanzados por empresas
Monte Alto gaña novas paradas de bus e taxi para reforzar a conexión co mercado
O Concello da Coruña puxo xa en servizo os novos espazos de transporte público na contorna da praza de abastos e enmarca a actuación no plan de modernización da mobilidade urbana
O repintado na Rúa da Feira e na Rúa do Muíño obrigará a retirar os vehículos durante 14 horas
O Concello de Ordes prohibe estacionar este venres 27 de marzo, entre as 8.00 e as 22.00 horas, para executar traballos de renovación da sinalización horizontal
A incerteza sobre a terminal de mercadorías mantén a preocupación veciñal en Culleredo
Transportes continúa a estudar posibles emprazamentos e adía ata comezos do verán unha conclusión sobre unha infraestrutura que xera inquietude, sobre todo na contorna de Orro
A UDC participa nun proxecto europeo para crear exoesqueletos que alivien a carga física nos coidados
O CITENI desenvolverá oito prototipos para reducir lesións músculo-esqueléticas entre profesionais sanitarios e persoas coidadoras en hospitais, residencias e domicilios
Máis de 762.000 euros para reforzar o persoal cultural dos concellos da provincia
A liña da Deputación chega a 63 entidades locais e reforza os servizos culturais municipais na comarca das Mariñas e no conxunto da provincia
Nove días de procesións e tradición marcarán a Semana Santa coruñesa
A cidade vivirá entre hoxe, 27 de marzo, e o 5 de abril un amplo programa de actos relixiosos con percorridos polo centro, a Cidade Vella e barrios como Os Castros e A Gaiteira
O PP leva ao pleno a batalla política pola renuncia ao Mundial
Miguel Lorenzo eleva o ton contra Inés Rey antes da sesión extraordinaria deste venres, 27 de marzo, convocada ás 13.30 horas para abordar en María Pita as xestións realizadas arredor da candidatura de Riazor e os motivos da retirada
Luz verde ambiental para unha plantación de aguacate en Montouto
A Xunta emitiu informe favorable con condicións para o cambio de uso de 11 parcelas en Abegondo, cunha superficie superior aos 74.000 metros cadrados, aínda que o proxecto deberá completar aínda a súa tramitación
Ordes rebaixa a súa taxa de criminalidade e aborda a adhesión ao sistema VioGén
Julio Abalde destaca o descenso da criminalidade no municipio e anima ao Concello a incorporarse ao sistema VioGén
Abril abrirá un novo prazo de inscrición na escola infantil municipal
O Concello de Bergondo admitirá solicitudes entre o 1 e o 23 de abril para o curso 2026/2027, cun sistema de prioridade para familias empadroadas e unha listaxe de reserva para nais xestantes
O deporte base e os clubs locais optarán a 372.000 euros en axudas municipais en 2026
O pleno de Arteixo aproba as bases de concorrencia competitiva nun concello no que máis de 17.000 persoas están inscritas nas instalacións e programas deportivos
Renovación socialista en Curtis con Fernando Rey Leira á fronte da agrupación local
O novo secretario xeral do PSdeG no municipio sitúa entre as súas prioridades a vivenda, os servizos públicos, o mantemento urbano e o apoio ao tecido asociativo e comercial
Sada impulsa un novo contrato do SAF con máis de 1,6 millóns de euros ao ano
O goberno local leva ao pleno de marzo unha proposta que garante 70.000 horas anuais de atención, reforza o control público do servizo e introduce melloras laborais para o persoal
A mostra 'De cando as vacas son vacas' despídese de Curtis tras máis de dous meses de apertura
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou na clausura da exposición de José Luis Míguez na Casa Museo de María Antonia Dans, un espazo que se foi consolidando como referente da actividade cultural no municipio
ADEGA e os afectados polas infraestruturas ven ilegal reactivar a Vía Ártabra pola Gándara
Os colectivos esixen que a Xunta reinicie desde cero a tramitación do enlace coa AP-9 e sometan a nova avaliación ambiental un proxecto anulado xa en dúas ocasións pola xustiza
O banco de sementes do CIAM seguirá sen abrir a pleno rendemento ata finais de 2026
A Xunta mantén para 2026 a construción, equipación e posta en funcionamento dos edificios auxiliares do Banco de Xermoplasma de Mabegondo, mentres medra a presión polo deterioro das instalacións e pola perda de persoal investigador
O peirao énchese de sabor coa primeira gran cita hamburguesa de 2026
Burger Fest arrincou este mércores ás 19.00 horas no peirao de Batería, dentro da programación de Porto Feria, con cinco foodtrucks, 15 propostas e prezos entre 15 e 20 euros
Melloras na rede viaria e no saneamento para responder ás demandas de Boedo
O Concello de Culleredo impulsará o arranxo de camiños, a ampliación do saneamento e outras actuacións en iluminación, sinalización, limpeza e espazos veciñais
A rehabilitación de Meirás irrompe no debate sobre a súa futura xestión
A Xunta reclama ao Goberno central que acometa primeiro as obras necesarias no pazo e insiste en asumir despois a súa xestión, mentres prepara un novo plan de usos para o inmoble de Sada




