AcorunaXA
Renfe reforza os trens A Coruña–Vigo con máis prazas nas horas punta
A compañía engade máis de 4.600 prazas extra á semana no Eixo Atlántico e anuncia un 12 % máis de asentos dispoñibles para quen viaxa desde A Coruña a Vigo e volta
Bergondo leva a pleno a aprobación definitiva do Plan Especial do Río Maior en Lubre
O proxecto, que conta xa co informe favorable de Urbanismo da Xunta, inclúe o novo Paseo Fluvial e permitirá activar a rede de saneamento de Lubre, ademais de introducir medidas fronte ao risco de inundación
Gran acollida á ‘Marcha fúnebre polo ensino público’ en Oleiros onde as familias reclaman fin dos ‘recortes’ e máis profesorado
A ANPA Valle Inclán denuncia que a falta de docentes afecta á seguridade do alumnado, paraliza proxectos pedagóxicos e reduce a atención á diversidade, e pide á Xunta unha resposta urxente
A Selección Galega UEFA realizará un adestramento aberto en Miño este 28 de outubro
O combinado galego, campión de Europa das Rexións UEFA no 2023, concentrarase ás 17.00 h no Campo Municipal de Gallamonde nunha sesión que contará con público
Arteixo celebra o Samaín cunha gran festa infantil e un percorrido de ‘Truco ou Trato’ polo comercio local
O 31 de outubro, de 17.00 a 20.00 h, haberá actividades nos centros sociais do Alto de Arteixo, Sol y Mar e Pastoriza, ademais dunha ruta para recoller doces en Arteixo centro, Meicende e Vilarrodís, con sorteo final de vales de compra
A Plataforma de Infesta reunirase co goberno local o 5 de novembro para tratar a problemática dos eucaliptos, as conexións viarias e a limpeza de fincas
O colectivo veciñal abordará co Concello as distancias das plantacións de eucaliptos ás vivendas e vías, melloras na AC-542 e o saneamento de parcelas e casas abandonadas
Corte total da estrada costeira entre Suevos e O Portiño para instalar un novo colector e evitar vertidos nas choivas
Augas de Galicia informou ao Concello dun peche completo da antiga DP-3002 desde o luns 27 de outubro ás 9.00 horas e durante uns 4 meses; o tráfico desviarase por Pastoriza e Sabón
AMariñaXa | ACoruñaXa
Opinión: Música e poesía en Burela
GaliciaXa
Medio Rural suspende feiras e mercados de gando en Galicia para previr a dermatose nodular contaxiosa
A medida, que terá unha vixencia inicial de 21 días prorrogables, busca protexer a cabana bovina galega ante o aumento do risco pola detección de casos en Cataluña
GaliciaXa
O Ministerio adianta ás comunidades autónomas o diñeiro para iniciar o pago das axudas directas da PAC
A Comisión Europea autorizou, trala petición de España e outros Estados membros, o incremento do pago anticipado de ata o 70 % do importe de axudas directas en forma de anticipo
Culleredo convértese no epicentro da música e da cultura galega coa celebración do Outubro Folk
O evento, impulsado pola Agrupación Folclórica Ancoradoira coa colaboración do Concello, encheu O Burgo de música tradicional, baile, gastronomía e dinamización do comercio local
O Concello de Betanzos renova a pasarela de As Cascas ao Pasatempo e mellora a ponte de A Ribeira
As intervencións inclúen substitución de pezas danadas, tratamentos preventivos contra a humidade e medidas antiescorregadizas para garantir un uso seguro e alongar a vida útil das estruturas
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Volve o horario de inverno: na madrugada deste domingo 26 os reloxos retrasaranse unha hora
O cambio de hora, que se realiza sempre o último domingo de outubro, ten como finalidade optimizar o consumo enerxético e aproveitar mellor as horas de luz natural
GaliciaXa
Aumenta un 4,9 % o número de denuncias por violencia de xénero nos xulgados galegos
Rexistráronse 1.862 vítimas e case 7 de cada 100 mulleres acolléronse a dispensa do deber de prestar declaración
Oleiros reclama ao Ministerio que acelere a nova pasarela de Santa Cruz ante o seu deterioro
O Concello lembra que a pasarela actual está moi degradada, que miles de persoas a usan cada ano e que o proxecto da nova estrutura, cun orzamento estimado de 1 millón de euros, debe pasar xa á fase de obra
Máis de 1.300 persoas confirman a súa participación na Carreira Popular do Ventorrillo
A proba, penúltima cita do circuíto Coruña Corre 2025, disputarase este domingo cun percorrido de algo máis de cinco quilómetros entre o Ventorrillo e A Silva, e incluirá tamén carreiras de categorías menores
O Concello de Culleredo consolida a 'baileterapia' como proposta de benestar no Centro Cívico de Fonteculler
As sesións, abertas e gratuítas, celébranse o primeiro e o terceiro venres de cada mes e buscan promover actividade física, socialización e saúde emocional a través do baile
As Travesas celebra a Festa do Rosario este domingo cun completo programa musical e xantar popular
A xornada arrinca ás 13.00 horas coa misa e continuará con sesión vermú, comida popular e actuacións do Dúo Crazy tamén pola tarde; as racións son limitadas
Betanzos adxudica o Servizo de Axuda no Fogar cun gasto anual de máis de 1,3 millóns de euros e atención a máis dun cento de persoas
O contrato, concedido á empresa 'Iades' para os dous vindeiros anos, consolida o SAF como o principal servizo social municipal tanto polo custo como polo impacto en persoas maiores, dependentes e familias con necesidades de apoio no fogar
O BNG critica que os orzamentos da Xunta non atenden as necesidades históricas das Mariñas
A formación nacionalista acusa o PP de priorizar investimentos en concellos afíns e alerta de que seguen pendentes cuestións como o saneamento da ría de Betanzos, os servizos ás persoas maiores e as melloras educativas en Miño, Betanzos e Bergondo
ADEGA distingue cos premios 'Osíxeno' e 'Dioxina' o activismo ambiental e ás políticas que considera lesivas para o territorio galego
A asociación ecoloxista celebra a súa 50ª Asemblea Xeral en A Coruña, onde recoñecerá traxectorias na defensa do medio e sinalará actuacións que, ao seu xuízo, prexudican o patrimonio natural
Oleiros actualiza varias taxas e impostos municipais cun incremento ligado ao IPC pero mantén conxelados lixo e auga
O Concello aplica subas moderadas no IBI, no imposto de vehículos e nas taxas administrativas para garantir os servizos públicos sen ter que facer unha subida brusca no futuro
O TSXG avala de momento a taxa turística da Coruña e rexeita paralizala de urxencia
O alto tribunal entende que non hai prexuízo inmediato para os hoteis nin para o sector do cruceirismo e lembra que quen aboa o recargo son as persoas visitantes, non os establecementos
O persoal das Escolas Deportivas Municipais mantén as mobilizacións e pide melloras laborais ao Concello da Coruña
As traballadoras e traballadores cualifican de 'decepcionante' a última xuntanza co Goberno local e reclaman avances en estabilidade, condicións salariais e calidade do servizo
Oza-Cesuras impulsa obradoiros de estimulación cognitiva para promover un envellecemento activo
As sesións, dirixidas ás persoas maiores do municipio, desenvólvense no Centro de Maiores e no Museo de Bragade de Cesuras e traballan memoria, atención, coordinación e habilidades manuais




