La Selección Galega Sub-16 se estrena en Miño ganando con solvencia a Ceuta

ACoruñaXa
El campo de Gallamonde acogió así el inicio del Campeonato de España de Selecciones Autonómicas sub 14 y sub 16 Masculinas
campeonato-futbol-miño
7 Feb 2025

O Concello de Miño acolleu o comezo do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16 Masculinas, que se celebra en diferentes concellos da provincia.

O campo municipal de Gallamonde vén de acoller o único encontro da selección galega no municipio. O equipo sub 16 enfrontouse a Ceuta, nun partido ao que asistiu o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo. A Selección Galega goleou por 5-1 á Ceuta na súa estrea na Fase Prata do Campionato de España.

A actividade continuará durante todo o fin de semana, cunha ducia de partidos o sábado: ás 9.30 e ás 11.30; e tres o domingo, ás 9.30, 11.30 e 13.30 horas.

O torneo, organizado pola Real Federación Española de Fútbol, contará coa participación dos mellores xogadores das categorías Sub 14 e Sub 16, que defenderán os seus respectivos territorios na busca do título nacional. O Campo Municipal de Gallamonde acollerá algúns dos enfrontamentos máis destacados, como o duelo entre Navarra e Andalucía na Fase Ouro Sub 16.

0.16510796546936