O escritor Suso Lista ofrecerá este xoves unha conferencia sobre 'Corme na Historia' na Coruña

ACoruñaXa
A charla, que terá lugar en Portas Ártabras, fará un percorrido pola historia e economía de Corme desde a prehistoria ata o século XX
suso lista amigos dos museos
27 Nov 2024

Portas Ártabras, o espazo cultural da Asociación Amigos dos Museos de Galicia, acollerá este xoves 28 de novembro, ás 20:00 horas, a conferencia “Corme na Historia”, a cargo de Suso Lista.

O polifacético escritor, actor e guionista abordará nunha charla aberta ao público a evolución histórica de Corme e das súas xentes, desde a prehistoria ata o século XX. A conferencia destacará o impacto do encaixe, a navegación a vela e a industria do salgado na economía local, así como outros aspectos do rico pasado desta vila da Costa da Morte.

A entrada será libre ata completar o aforo, convidando a veciños e interesados na historia galega a gozar dunha tarde de aprendizaxe e memoria cultural no emblemático local da Rúa Sinagoga, número 22, na cidade da Coruña.

0.15947508811951